IV Ruada da EMTR “A Ribeirana”

ruada2014

Chegou o 2014 e con el a IV Ruada da Ribeirana.

Este ano festexarémolo o día 1 de Febreiro no Club Artístico de Ribadavia.

O serán comezará ás 20.00 cun obradoiro de iniciación ó baile tradicional. E a iso das 21.00 o grupo de pandeireta e canto da escola abrirá o serán para que poidamos comezar a beilar e tocar sen descanso!
Na barra haberá comida e bebida a prezos populares e a xente que veña tocar estará convidada á cea.
E a iso da media noite chiculate e bica para todas e todos!
Ah!! e non esquezades mercar a vosa rifa porque haberá diferentes sorteos durante todo o serán gracias ós nosos e nosas colaboradoras:

– As Casiñas

– A&B Comunicación e Deseño

– Bodegas Cunqueiro

– Bodegas Docampo

– Carnes do Ribeiro

– Carnes Viana

– Cárnicas Francelos

– Clínica Ribeiro

– Club Artístico de Ribadavia

– Entretempos

– Monte Kalamua

– Parada Soto Electrodomésticos

– Quins Embutidos e Xamóns

– SERMA centro de Quiromasaxe

– Viña Costeira

 

Esperámosvos o 1 de febreiro!

 

 

 

 

Curso 2013-2014

curso 2013-2014

Chegou o outono e con el o novo curso da Ribeirana. Dende este luns 23 de setembro e ata o 15 de outubro, podedes facer a preinscrición nas aulas de:

– Gaita

– Acordeón

– Percusión Tradicional

– Pandeireta

– Pandeireta e canto

– Baile Tradicional

 

Lembrade que a preinscrición deberase facer na Casa da Cultura de Ribadavia. No mesmo lugar teremos unha reunión informativa cos e coas alunas o próximo día 18 de outubro ás 20.00 horas.

E as aulas darán comezo o 21 de outubro.

Animaivos a participar!

Ai que ruíña, ruada!

E alá foi a III Ruada da Ribeirana. Ficamos moi content@s co resultado; disfrutamos moito, houbo boas e bos beilador@s, músic@s… Fixemos unha festiña ben xeitosa.
Moitas gracias a tódalas persoas que vos achegastes á vila o sábado e sobre todo ás que dalgún ou doutro xeito nos axudastes (traballando na barra, cociñando, tocando, limpando…) Sen vós non sería posible organizar unha ruda tan feita!

Moitas gracias tamén ós grupos que vos animastes a tocar:
– Escola de Gaita e Percusión Tradicional “Beira do Avia” de Leiro
– Os Plateados de Fondón
– Elefante Elegante
– Dous de tres
– Os Jalistreiros das Neves
– As Piconas do Irixo
– Furafollas
– A ruada de Gandufe (Cañiza)
– Flor do Toxo (Avión)
– Os varacuncas
– @s Serandeir@s de Boborás
– As pandereteiras “A pedra que fala”
– María e Antonia
– Pernasquentes
– A máquina de meter medo
– Os adopatados do Arenteiro

Tamén queriamos agradecer as aportacións para os sorteos ós nosos e nosas colaboradoras:

– CARNES DO RIBEIRO
– EMBUTIDOS MARINA MARTÍNEZ
– VIÑA COSTEIRA
– KALAMUA
– BODEGAS DOCAMPO
– ENTRETEMPOS OCIO E EDUCACIÓN
– SERMA CENTRO DE QUIROMASAXE
– AS CASIÑAS DO RIBEIRO
– ALUCINALACENA
– MANUALIDADES BALDERO
– EMBUTIDOS QUINS

Esperámosvos o ano que ven.

Vémonos nos turreiros!

 
ruada1

ruada2

ruada3

ruada4

III Ruada da Ribeirana

393082_10151313729667420_267980324_n

Xa temos o cartaz da III Ruada da escola!

Lembrade, terá lugar o 2 de febreiro no Club Artístico de Ribadavia (Ourense).

O serán comezará ás 20.00 cun obradoiro de iniciación ó baile tradicional. E despois… a beillar, tocar, comer e beber!! Que máis queredes?
Haberá comida e bebida na barra a prezos populares.
A xente que veña tocar estará convidada á cea (uns riquísimos callos).
E a iso da media noite chiculate e bica para todas e todos!
Ah!! e non esquezades mercar a vosa rifa porque haberá diferentes sorteos durante todo o serán gracias ós nosos e nosas colaboradoras:

– Un xamón por cortesía de CARNES DO RIBEIRO

– Unha cacheira e un estuche de viño do Ribeiro por cortesía de EMBUTIDOS MARINA MARTÍNEZ e VIÑA COSTEIRA

– Un lote de productos conxelados e un estuche de viño do Ribeiro por cortesía de KALAMUA e BODEGAS DOCAMPO

Dúas entradas ás termas de Prexigueiro, unha masaxe relaxante para dúas persoas e unha noite nunha casiña por cortesía de Entretempos Viaxes Ocio E Educación, SERMA centro de quiromasaxe e As Casiñas Do Ribeiro

– Unha cesta de almorzo por cortesía de Alucina Lacena e dúas botellas decoradas a man cortesía de MANUALIDADES BALDERO

– Un lote de embutidos e un estuche de viño do Ribeiro cortesía de EMBUTIDOS QUINS e VIÑA COSTEIRA

– Un estuche de viño do Ribeiro cortesía de BODEGAS DOCAMPO

 

Así dá gusto!

Ficades tod@s convidad@s!!

Curso 2012-2013

 

Comezamos o novo curso na Ribeirana! Animaivos!

Aulas de:

Pandeireta e canto

Acordeón

Gaita

Percusión tradicional

Baile tradicional

 

E recordade, o prazo de inscrición ampliouse até o venres 19 de outubro.

A reunión informativa será o venres 19 de outubro ás 20.30 na Casa da Cultura de Ribadavia.

II Ruada da Ribeirana

Imaxe

Este sábado 2 de xuño vémonos na II Ruada da Ribeirana. Terá lugar no parque náutico de Castrelo de Miño (Ourense) e comezará ás 20.00 cun obradoiro de introducción ó baile tradicional.

Ás 21.00 comeza a ruada!

Haberá pan con chourizo para tod@s @s participantes ademais de empanada, viño, cervexa e licores a prezos populares.

Á noite convidámosvos a tod@s a chocolate e bica!

E xa sabedes, non esquezades os vosos instrumentos!

Obradoiro de grabación de instrumentos tradicionais

A cultura popular galega foi capaz de transmitir ó longo dos séculos a beleza do puro, en cada aldea, en cada vila, en cada rúa respírase o aroma das peles resoando e as gaitas iluminando a paisaxe sonora.

O instrumento tradicional feito a man ten alma, é complexo e á par simple, o gusto de cada artesán por crear obras únicas que caractericen o seu son fai do instrumento tradicional unha xoia inestimable.

Debemos respeitar polo tanto, que o proceso de rexistro dixital destas “almas sonoras” realícese con fidelidade e recollan todos os seus matices sen alterar o seu timbre nin o seu caracter propio.

Este é o obxectivo principal do obradoiro, axudar a que @músic@ vaia con confianza ó estudo e que @ técnic@ se faga entender c@ intérprete, respeitando amb@s ó instrumento.

O obradoiro ten nivel profesional, e vai dirixido a músic@s e compositor@s co obxectivo de mellorar a súa química dentro do estudo, así como a técnic@s de son e de grabación que desexen orientarse nos estilos “worldmusic“.

No mesmo, e durante 3 horas, repasaranse diferentes ámbitos como:

  • conceptos básicos de acústica
  • microfonía e tipos
  • dixitalización do son/conversa
  • chequeo e recuperación de timbres
  • captación natural/captación seca

O obradoiro culminará cunha hora de prácticas, onde @s asistentes poderán realizar grabacións e comprobar resultados.

A dirección do obradoiro corre a cargo  de pluginaudio. Está organizado polo ProxectoBarullo e coa colaboración da OMIX de Ribadavia.

O curso ten un número máximo de 10 persoas e o prezo é de 150 € a repartir entre @s asistentes.

As datas serán a finais de novembro, pero inda están por confirmar.

Se queredes recibir máis información poñédevos en contacto con David (Kabrax) no enderezo: naturalkabrax@hotmail.com ou no teléfono 646 821 443.

Xa comezou o novo Curso!

Benvidas e benvidos a tod@s!
Comezamos un novo curso na EMTR A Ribeirana con algúns cambios…
Este ano as aulas non terán lugar na casa da cultura, senón que serán no CPI Tomás de Lemos (Edificio da Concentración, en frente do ambulatorio).
Ademais as aulas xa non serán os venres, senón que se impartirán ó longo da semana, podedes consultar os horarios aquí.
De momento o prazo de matrícula xa está pechado, mais se queredes anotarvos nalgunha actividade podedes poñervos en contacto con nós enviándonos un e-mail ó seguinte enderezo:
emtribeiro@hotmail.com
e estudaremos as posibilidades.

Esperamos vervos nas aulas ou nos seráns!

Curso de gaita

CURSO DE GAITA GALEGA

MESTRE: Paulo González

DIAS: 21, 22 e 23 de abril de 2011. 24 horas lectivas.

HORARIO: De 10:00 a 14:00h e de 16:00 a 20:00 h.

LUGAR: Colexio de Primaria de Leiro. (Comarca do Ribeiro)

Nº DE PRAZAS PARA PARTICIPANTES: 8 (mín.) – 20 (máx.)

Nº DE PRAZAS PARA OUVINTES: Sen limite.

PREZO:

–          ALUN@S DA ESCOLA “A RIBEIRANA”:  55€

–          PERSOAS ALLEAS:  65 €

–          OUVINTES: 20€

INGRESO A FACER EN:

NA CONTA DE CAIXANOVA: 2080 0332 98 0040034691

CONCEPTO: Gaita Galega (indicar  tamén o nome de quen ingresa)

Existe a posibilidade para quen queira ter pensión completa por 30€ ao dia (almorzo, xantar, cea e durmida) nun hotel de Leiro e que a propia Asoc. “A Ribeirana” pode xestionar se existe interese por parte dos participantes.

O prezo do xantar é de 8,5 € e será nun restaurante  moi próximo ao lugar de impartición das aulas de gaita.

A inscrición deberá facerse enviando un correio eletrónico a emtribeiro@hotmail.com (indicando nome, telefone de contacto e si tamén está interesado no xantar ou na pensión completa) e facer o ingreso correspondente no número de conta da Asoc. Cultural “Escola de Música Tradicional do Ribeiro – A Ribeirana” que ten en Caixanova indicado anteriormente.

Para máis información:

Emtribeiro@hotmail.com

PROGRAMA

Neste curso trataremos da gaita de fole dous aspectos necessariamente relacionados entre si: por umha banda veremos o repertório tradicional ou popular para o instrumento dando atençom à sua interpretaçom sob critérios essencialmente musicais, desde o sistema tonal, na medida em que isto for possível; por outra, trabalharemos as questons técnicas necessárias para levar à prática aquilo que se concluir desta consideraçom do repertório. Explicaremos ou aperfeiçoaremos tópicos referentes a articulaçom, dedilhaçons, afinaçom, etc. e outros acerca da compreensom do texto musical, através de exemplos aportados polo professor. Questons a respeito da interpretaçom com duas ou mais gaitas serám também estudadas e postas na prática.

Pola própria natureza deste curso trataremos todo isto de jeito nom especialmente técnico ou sem considerar um nível musical prévio determinado polo que gaiteiros com ou sem conhecimentos musicais teóricos som bem-vindos.

PAULO GONZÁLEZ

No que respeita à rama musical é Licenciado em Flauta de Bisel-Música antiga pola ESMAE do Porto (Portugal); Diplomado em Educaçom Musical pola Faculdade de Ciências da Educaçom de Ponte Vedra; e frequenta o último ano da Licenciatura em História e Ciências da música na Universidade de La Rioja (Espanha) . Possui, aliás, o título profissional de gaita polo Conservatório de Vigo.

Foi professor de gaita e música de câmara no Conservatório Profissional de Vila Garcia de Arousa e de flauta no Conservatório de Vila Nova de Gaia.

Membro do consort de flautas A Imagem da Melancolia e director do grupo Amar contra o silêncio.

É regularmente chamado para dar cursos de gaita em diferentes instituiçons do país quer no âmbito da música erudita dos conservatórios superiores ou profissionais quer no da música tradicional-popular das associaçons culturais.

 

http://issuu.com/a_ribeirana/docs/curso_de_gaita_a_ribeirana

Grazas, Mini e Mero.

O pasado venres 18 de marzo  no salón de actos do IES “O Ribeiro” tivemos ocasión de escoitar un coloquio e concerto didáctico a cargo a Mini e Mero, integrantes do grupo “A Quenlla” e anteriormente do grupo “Fuxan os Ventos”.

Tivemos ocasión de coñecer parte da tradición oral e musical da Galiza a través das súas recollidas e experiencias. Paseamos polas características dun alalá, dunha xota vella, da muiñeira, da foliada, das panxoliñas, dos cantares de reis e de cegos, do uso e lugar que se facía das coplas, da nosa historia, da necesidade de coñecer o noso e polo en valor.

A enorme riqueza que atesouramos pola historia dada e vivida, sen dúbidas quedou patente nesta charla emocional que fixo seguir dándonos azos a moita de nós para continuar a traballar encol da música tradicional galega. Grazas.

O pase de diapositivas require JavaScript.