Actividades

 

393082_10151313729667420_267980324_n

 

Xa temos o cartaz da III Ruada da escola!

 

Lembrade, terá lugar o 2 de febreiro no Club Artístico de Ribadavia (Ourense)

 

O serán comezará ás 20.00 cun obradoiro de iniciación ó baile tradicional. E despois… a beillar, tocar, comer e beber!! Que máis queredes??
Haberá comida e bebida na barra a prezos populares.
A xente que veña tocar estará convidada á cea (uns riquísimos callos).
E a iso da media noite chiculate e bica para todas e todos!
Ah!! e non esquezades mercar a vosa rifa porque haberá diferentes sorteos durante todo o serán!
Ficades tod@s convidad@s!!

 

 

Obradoiro de Grabación de Instrumentos Tradicionais.

A cultura popular galega foi capaz de transmitir ó longo dos séculos a beleza do puro, en cada aldea, en cada vila, en cada rúa respírase o aroma das peles resoando e as gaitas iluminando a paisaxe sonora.

O instrumento tradicional feito a man ten alma, é complexo e á par simple, o gusto de cada artesán por crear obras únicas que caractericen o seu son fai do instrumento tradicional unha xoia inestimable.

Debemos respeitar polo tanto, que o proceso de rexistro dixital destas “almas sonoras” realícese con fidelidade e recollan todos os seus matices sen alterar o seu timbre nin o seu caracter propio.

Este é o obxectivo principal do obradoiro, axudar a que @músic@ vaia con confianza ó estudo e que @ técnic@ se faga entender c@ intérprete, respeitando amb@s ó instrumento.

O obradoiro ten nivel profesional, e vai dirixido a músic@s e compositor@s co obxectivo de mellorar a súa química dentro do estudo, así como a técnic@s de son e de grabación que desexen orientarse nos estilos “worldmusic“.

No mesmo, e durante 3 horas, repasaranse diferentes ámbitos como:

  • conceptos básicos de acústica
  • microfonía e tipos
  • dixitalización do son/conversa
  • chequeo e recuperación de timbres
  • captación natural/captación seca

O obradoiro culminará cunha hora de prácticas, onde @s asistentes poderán realizar grabacións e comprobar resultados.

A dirección do obradoiro corre a cargo  de pluginaudio. Está organizado polo ProxectoBarullo e coa colaboración da OMIX de Ribadavia.

O curso ten un número máximo de 10 persoas e o prezo é de 150 € a repartir entre @s asistentes.

As datas serán a finais de novembro, pero inda están por confirmar.

Se queredes recibir máis información poñédevos en contacto con David (Kabrax) no enderezo: naturalkabrax@hotmail.com ou no teléfono 646 821 443.

Este próximo venres, 18 de marzo, convidámosvos ó concerto didáctico que nos ofrecerán Mini e Mero. Será ás 8 da tarde no salón de actos do IES O Ribeiro (en Ribadavia).

Lembrade que as aulas suspenderanse pra que tod@s poidamos asistir ó concerto.

Esperámosvos alí!

I serán da Ribeirana

O próximo sábado 22 de xaneiro vémonos na Igrexa da Madalena de Ribadavia pra festexar o primeiro serán organizado pola Ribeirana.

Haberá chourizo con pan, viño e chocolate ben quentiño, sorteos e diferentes grupos que nos farán ghastar pista coa súa música.

Ás 20.00 terá lugar un pequeno obradoiro de iniciación ó baile tradicional, pra que ninguén fique sen bailar esa noite.

E ás 21.00 dará comezo o I Serán organizado pola Ribeirana.

Esperámosvos a tod@s! Non faltedes!

E por suposto, non esquezades os vosos instrumentos!

Queriamos agradecer a axuda do Concello de Ribadavia e dos establecementos As Casiñas e Naturavia por apoiarnos neste proxecto.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s