Presentación

“A Ribeirana” nace de maneira oficial en setembro de 2010 como consolidación dun proxecto xa iniciado  fai anos pola Asoc. Arrincadeira de Ribadavia.

O obxectivo polo que se paire esta iniciativa é para a consolidación dunha escola de música tradicional para toda a comarca do Ribeiro; coa posibilidade de ofertar unha formación teórica e práctica dentro do campo musical e tradicional galego nos diferentes concellos ribeiráns.

Dentro das actividades que se desenvolven actualmente dunha maneira regular pola Ribeirana é a impartición de aulas de:

–          Gaita galega.

–          Percusión tradicional.

–          Acordeón.

–          Baile tradicional galego.

–          Canto e pandeireta.

Outras actividades que se pretenden realizar dentro da Comarca do Ribeiro é:

–          A organización de diferentes cursillos e coloquios impartidos por xente destacada no mundo tradicional galego.

–          Colaborar e organizar diferentes actos lúdicos nos diversos concellos da comarca, como son seráns populares, festivais, encontros musicais ou foliadas.

–          Creación de grupos de traballo para a recollida do rico patrimonio etnográfico ribeirán.

–          Recopilación de materiais didácticos e etnográficos para a consulta d@s alun@s da escola en particular e xente interesada en xeral.

ORIXE DO NOME “A RIBEIRANA”

Elixiuse este nome pois hai evidencias bibliográficas así como de recollidas de campo tanto actuais como históricas na que se pon de manifesto que “A ribeirana”  ou “ A riveirana” é un baile típico da zona do Ribeiro de Avia (tamén hai referencias a Ribeira), é dizer, pertencente a comarca do Ribeiro. Porén pareceunos un nome acaído para esta asociación e que reflexa o espíritu comarcal da mesma.