Concerto didáctico con Mini e Mero

Este próximo venres, 18 de marzo, convidámosvos ó concerto didáctico que nos ofrecerán Mini e Mero. Será ás 8 da tarde no salón de actos do IES O Ribeiro (en Ribadavia).

Lembrade que as aulas suspenderanse pra que tod@s poidamos asistir ó concerto.

Esperámosvos alí!

Coas Piconas do Irixo hai festa fixo (e da boa)

Onte unha pequena representación da Ribeirana estivemos no serán organizado polas Piconas do Irixo e temos que dicir que foi todo un éxito!

Pasámolo en grande, tocamos e bailamos até que o corpo non puido máis…

Graciñas a@s organizador@s e a xente toda que alí se xuntou. E tedes razón co de que “onde andan as Piconas do Irixo, hai festa fixo!!“, seguide así!

This slideshow requires JavaScript.

I serán A Ribeirana

Moitas gracias a todas e todos @s que vos animastes a pasar polo serán este sábado. Gracias a@s bailador@s, a@s músic@s, e a xente toda! Foi todo un éxito!!!

Esperamos vervos no seguinte!!

Esta noite hai unha fía!

O próximo sábado 22 de xaneiro vémonos na Igrexa da Madalena de Ribadavia pra festexar o primeiro serán organizado pola Ribeirana.

Haberá chourizo con pan, viño e chocolate ben quentiño, sorteos e diferentes grupos que nos farán ghastar pista coa súa música.

Ás 20.00 terá lugar un pequeno obradoiro de iniciación ó baile tradicional, pra que ninguén fique sen bailar esa noite.

E ás 21.00 dará comezo o I Serán organizado pola Ribeirana.

Esperámosvos a tod@s! Non faltedes!

E por suposto, non esquezades os vosos instrumentos!

Queriamos agradecer a axuda do Concello de Ribadavia e dos establecementos As Casiñas e Naturavia por apoiarnos neste proxecto.