Mestr@s

Guillermo Dacal

GUILLERMO DACAL

Comeza a recibir aulas de gaita aos dez anos na Escola de Gaitas da Deputación de Ourense e non moito tempo despois xa forma parte de varias bandas e grupos da provincia como a banda de gaitas da Milagrosa, Toca e Baila de Velle, Banda de Celanova ou a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense.

Con 15 anos descobre  a esencia da música tradicional ao formar parte da agrupación Castro Floxo coa que viaxa por gran parte do mundo divulgando a nosa cultura popular ademáis da Aula Gomes Mouro onde mais tarde impartiría aulas de Gaita e Zanfona. A partir de aí a música tradicional será a súa única ocupación estudando zanfona na universidade popular de Vigo durante catro anos e gaita no conservatorio Mayeusis na mesma cidade. Nese tempo comeza a presentarse a concursos de gaiteiros solistas onde acada sempre boas califcacións.

Formou parte de grupos de renome como Arco da Vella ou Bate Certo.

Comezou a dar aulas de gaita na Asociación Ourensana de Folclore Tradicional no ano 1999 viaxando despois a EEUU onde impartiu aulas durante dous anos nos cinco centros galegos que existen en New Jersey e New York.

Actualmente realiza traballos como gaiteiro solista e prepara novos proxectos para a formación de novos grupos.

GERARDO QUINTELA MARTÍNEZ

Aos dez anos comeza os seus estudos de acordeón no Conservatorio de Música de Ourense, rematando o Grao Profesional no ano 2008. Durante este período, recibe cursos de acordeonistas como Oleg Sharov, Sergio Scappini, Jaques Mornet, Juan Carlos Cárcamo ou Victor Prieto.

En 2006 comeza a súa experiencia docente como Mestre de acordeón na Escola de Música Tradicional de Allariz e no concello de Ribadavia, onde continúa impartindo aulas. Neste mesmo ano iniciase no folc co grupo ourensán Coanhadeira, co que foi finalista e gañador da  Sección “Folc” do I Concurso Nsaio no Camiño no ano 2007, obtivo o 1º Premio no IX Concurso “Radio Obradoiro” 2008, o 2º Premio no Concurso “Folkez Blai” 2008 (Ermua), finalista no “Proxecto Runas” do Festival de Ortigueira 2008,  1º Premio no Concurso “Escenario Prau” 2009 (Cantabria) e 2º Premio no Concurso EuroFolk 2010 (Córdoba). No 2009 grava os dous primeiros traballos discográficos de Coanhadeira, “Haique” e “Po”.

Actualmente realiza estudos de Mestre na especialidade de Educación Musical na Universidade de Santiago de Compostela e de Harmonía con Suso Atanes.

gabi

 

GABRIEL ÁLVAREZ REBOREDO

(O Carballiño, 1989)

Formación no eido da música e do baile tradicional:

Baile tradicional e de canto e pandeireta no Centro de Cultura Popular ‘’Xaquín Lorenzo’’ no ano académico 2007-2008.

Canto e Pandeireta con Patricia López e percusión tradicional con Gonzalo Abelairas na AOFT-Gomes Mouro nos anos académicos 2010-2011 e 2011-2012.

▪ Baile tradicional con Garaloces e Javier o ano 2011 na Asociación Formiguiño.

▪ Canto con Paulina Ceremuzynska e Davide Salvado na Escola Livre da Música Popular Galega da Central Folque no ano académico 2012-2013.

▪ Na actualidade, Canto con Najla Shami.

Outros cursos de Música e Baile Tradicional:

Curso de canto e pandeireta impartido por Javier Feijoo de 8 horas de duración na edición 2011 dos Cursos Folk Ferrolterra.

▪ Curso de canto e percusión tradicional impartido por Xabier Díaz cunha duración de 12 horas nos I Cursos de Música e Baile Tradicional do Concello de Salceda de Caselas no ano 2011.

▪ Curso de canto e percusión tradicional impartido por Davide Salvado no ano 2012.

▪ Curso de baile tradicional impartido por Bea Díaz e Manolo Cobas de Febreiro a Xuño do 2012, un día cada mes, na Asociación Cultural Algaravía.